Percorre a nosa historia a través dos topónimos

Descubre os nomes que contan a historia de Vigo

Logo Concello Vigo

Toponimia

A toponimia é memoria viva, identidade e cultura. Coñécea, respéctaa… e axúdanos a conservala.

Os topónimos son parte fundamental do patrimonio cultural, transmitidos ao longo dos séculos. Reflicten a relación histórica das comunidades co territorio: a natureza, os modos de vida, a organización social e os feitos históricos quedan inscritos na linguaxe dos lugares.

Ver mapa
Colabora con nós!
Se coñeces algún dato que non estea rexistrado,
se atopas algún erro... escríbenos a:
ofi.normalizacion@vigo.org

Recursos

Ensina a historia que levan os nomes

A toponimia é unha ferramenta pedagóxica poderosa para achegar o alumnado á súa contorna máis próxima, á historia, á lingua e ao patrimonio cultural de forma vivencial e significativa.